Magosto no Lar de Unta, Betanzos

castañas e magosto no Lar de UntaA A.X.C.G.D. LAR DE UNTA comunica que o día 3 de novembro de 2007, vai realizar, como todos os anos, un magosto popular na Rúa Pescadería  aberto a todos aqueles veciños da nosa vila que se queiran achegar.

 Pecharemos a rúa e haberá viño e castañas gratis para todos a partires das 21:00 horas.

 Ademais teremos aberto o bar para todos aqueles que queiran outras cousas.

 
Feira Medieval 2008

Os días 12,13 e 14 de Xullo estaremos, como cada ano, participando da Feira Franca Medieval. O noso local será por tres días o lugar de encontro de músicos e trovadores e de moitos visitantes que desde todo o mundo coñecido van degustar os nosos preciados manxares da gastronomía popular.  

Serán atendidos polo mellorciño da parroquia betanceira. Quen foi unha vez non deixa de repetir.

 

Feira Medieval Betanzos

videos da feira medieval de betanzos 2007Videos da Feira Medieval de Betanzos no ano 2007, emitidos en vivo pola camara web do exterior e interior da asociación.

Son algo mais de 8 horas.

Fotos de Betanzos

Galeria de Fotos sobre Betanzos, actividades da asociación e da Feira medieval de Betanzos ..... dende o ano 2001

Proximos Eventos

feira medieval de BetanzosCalendario de actividades e reunions da asociación.

Vai ser actualizado dentro de pouco, volve pronto para estar mellor informado das futuras reunios,asambleas,actividades e saidas da asociación.

Ultima Hora

Quendas Feira Medieval

Xa están abertas as quendas da Feira Medieval. No taboleiro de lar de Unta tedes unhas follas onde podes escoller o día e horario,sinalando o voso nome e telefono de contacto,así como o traballo a desenvolver 8Cociña, lImpeza, parrilla, mesa interior ou exterior). Como sempre a Feira Medieval dividiremola en 5 quendas.

Venres desde a apertura ás 18 horas ata ás 2 da noite.

Sabado á mañan e ata ás 17 horas

Sabado á tarde e ata ás 2 da noite

Domingo á mañan e ata ás 17 horas.

Domingo á tarde e ata o peche.

 

Revista Poxigo

poxigo revista

Patrocina

RocketTheme Joomla Templates